Total de visualizações de página

quinta-feira, 6 de outubro de 2011

Pedras

ESCUDO CASA FRAGA DO RIEIRO(RIAL):
Escudo na fachada da Casa de Fraga do Rieiro(Rial).
Escudo de David ou selo de Salomón, símbolo do xudaísmo. É a unión de dous triángulos equiláteros, considerados como dous triángulos perfectos.
Estos dous triángulos a súa vez forman 6 triángulos, que incrementan a 12 aristas interior o exteriores darredor da estrella. Estas representan ás doce tribus de Israel.
A lenda conta que Salomón, fillo de David, levaba un anillo ca estrela de seis puntas.
Seguramente o fundador da casa era de orixe xudeu. 
Esta casa era donde os quintos da zona se viñan medir para incorporarse ó exército. Hai moitos anos o Sr. Perfeuto(R.I.P) enseñoume un artefacto de madeira para tal efecto. O fillo, Sr Manolo de Fraga, amigo de conservar cousas antigas(boa costume) seguro que o conserva, espero poder sacarlle algunha foto e poñela eiquí.



ESCUDO CASA CABANAS DE IGREXA(RIAL):
Ó igual que o escudo da casa de Fraga do Rieiro é un escudo de David. Está máis desgastado e é máis pequeno. Non había fachada de abondo para chantarlle enriba o nº da casa...




PEDRAS TALLADAS SOBRE O DINTEL DA CASA DE RIVAS DO CARRAL(RIAL)




PEDRAS TALLADAS SOBRE O DINTEL DA QUE FOI CASA DA ESCOLA DO CARRAL(RIAL)



PEDRAS LEONADAS A ENTRADA DO ATRIO DA IGREXA DE RIAL





PEDRA DA SERPE NO CEMITERIO DE RIAL
Marcas nun dos lateráis da pedra


Ver máis en: http://cruceirorial-patinho.blogspot.com/

A PEDRA DO HOME

Pedra do Home



Ver máis en: http://apedradohome-patinho.blogspot.com/

RELEVE DE CARBOEIRO

Foto: Coso. Celtiberia.net
Estes releves de Carboeiro(Parroquia de Rial, Concello de Santa Comba), Encóntranse nun esquinal dunha casa particular. Intentáronse darlle varias explicacións. A min dame a impresión que é un home(laico ou leigo) facendo carbón.
O esquinal que da ó sureste ten unha imaxe que semella dunha virxe.
Na base ten unha inscripción muy difícil de ler e de interpretar dado o seu desgaste e no lugar onde se atopa.


Chimenea e canos da auga da casona-pazo de Costenla-Rial




Reloxo de sol  da casona-pazo de Costenla-Rial

¿Fonte-idolo? de Arnexo-Rial


Hórreo do Vasallo do Pazo(Bembibre)




Hórreo de Alfredo Negreira, Campo de Carlexo, Rial
Detalle do falo.

VIRXE (¿ÍDOLO?) EN BEMBIBRE


Esta imaxe dunha virxe ou ídolo nun piar da portela da casa de Varela no Lugar, Bembibre semella ser moi antiga. Ten unha imaxe por diante e outra por detrás. A min dame que non é unha virxe, si non unha matrona pagá.

Pía bautismal na Igrexa de Portomeiro
Prema sobre a imaxe para ampliala

Cruz en Portomouro de Abaixo
Prema sobre a imaxe para ampliala

Cruz baixa de pedra, con brazos en remate florenzado, sobre unha pedra cuadrangular con inscripcións casi ilexibles nun dos seus lados

Estátuas no Cuarto Cuartel, Vilariño
Prema sobre a imaxe para ampliala

Pía bautismal no Cuarto Cuartel, Vilariño
Prema sobre a imaxe para ampliala

Pía bautismal no cemiterio da Igrexa de Vilariño
Prema sobre a imaxe para ampliala

Pía bautismal no cemiterio da Igrexa de San Román
Prema sobre a imaxe para ampliala

Carballo nado nunha pedra no adro da igrexa de Maxais (Coucieiro). Marabillas da natureza
Foto cortesía de Carmen Rodríguez Lamas